orzamentos
Novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal BNG Vigo

O BNG de Vigo propón mobilizar 61 millóns máis dos remanentes para reforzar as políticas sociais, vivenda e a atención dos barrios e parroquias

A fronte nacionalista critica a falla de ambición da modificación orzamentaria elaborada por Caballero, que só quere destinar 11 millóns a investimentos xa previstos, e rexistra 172 emendas

Lembra que os remanentes “non son aforro” senón o resultado da falla de xestión dun goberno reducido a propaganda

Xabier P. Igrexas: “Do que se trata é de utilizar os remanentes municipais para devolverlle á veciñanza o que é da veciñanza, atendendo as necesidades reais das viguesas e dos vigueses”

Consulta aquí as emendas do BNG

Ler novas
Novas
Brais Ruanova, Alexandra Fernández, Xabier P. Igrexas e Carmela González

O BNG demanda 260 millóns para Vigo nas contas da Xunta do vindeiro ano fronte ao “abandono" do PP

Rexistra unha ampla batería de emendas con alternativas ao problema da vivenda, aos recortes na sanidade, á crise industrial e laboral, á falla de servizos públicos e das políticas culturais e deportivas

A fronte nacionalista esixe que o Goberno galego do PP “deixe de castigar” a maior cidade galega, após rexeitar 621 millóns de investimentos propostos polo Bloque no último lustro

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas (esquerda), Roberto Fernández (centro) e Beni Expósito (dereita)

O BNG de Vigo propón que o Concello invista 285 mil euros en Bembrive

A fronte nacionalista inclúe nas súas emendas aos orzamentos municipais de 2026 unha batería de medidas destinadas a investimentos na parroquia

Xabier P. Igrexas: “O único que lle ofreceu o PSOE de Caballero a Bembrive foi a sucesión de alcaldías pedáneas marcadas pola corrupción, con dous ex alcaldes condenados e un deles en prisión, e unha xestión nefasta”

Roberto Fernández: “Se o compromiso co rural é auténtico, Bembrive debe ser punta de lanza da recuperación das parroquias”

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas co cartaz do encontro

O BNG convoca este martes un Encontro Aberto por uns Orzamentos Participativos para ‘Un Novo Vigo’

Organiza un acto para trasladar as súas 198 alternativas ao proxecto de contas de Abel Caballero para 2026 e seguir recollendo propostas da veciñanza e do tecido asociativo

Terá lugar este martes 11 de novembro, ás 19:30h, no Hotel Occidental (rúa Vía Norte 10)

Xabier P. Igrexas: “O BNG mantemos o compromiso de facer da participación das viguesas e vigueses e dos movementos sociais o motor do cambio que precisa a cidade”

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal do BNG Vigo

O BNG cualifica os orzamentos da Xunta para Vigo de “pólvora mollada” e acusa o PP de seguir castigando a cidade

Critica que o proxecto orzamentario continúa desatendendo as necesidades da maior cidade galega, no ámbito educativo, dos servizos sociais, mantén a nefasta política sanitaria e non atende a situación de emerxencia habitacional

Xabier P. Igrexas: “Estas contas confirman que o PP non ten nada, absolutamente nada, que lle ofrecer as viguesas e os vigueses”

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas, Ana Martínez e Filipe Abalde

O BNG de Vigo cualifica de “estafa política” as modificacións orzamentarias de Caballero

Afea a negativa do PSOE a mobilizar 14 millóns de euros máis para abordar o grave problema do acceso social á vivenda

A fronte nacionalista denuncia o veto a todas as súas propostas para mellorar a atención dos barrios e parroquias, reforzar as políticas feministas, acabar co devalar cultural e o abandono do deporte, protexer o noso patrimonio e promover a lingua galega

Xabier P. Igrexas: “Caballero insiste nun permanente día da marmota do desgoberno do vuelva usted mañana, de prometer e non facer”

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal do BNG de Vigo

O BNG de Vigo rexeita o “uso arbitrario” dos recursos públicos polo goberno de Caballero

A fronte nacionalista oponse ás partidas incorporadas na modificación orzamentaria para consumar o desaloxo da FAVEC da súa sede, ás subvencións á Igrexa Católica e á promoción do turismo masivo 

O Bloque defenderá no Pleno un voto particular as súas emendas para priorizar vivenda, servizos sociais, igualdade, cultura, deporte e a mellor atención dos barrios e parroquias

Xabier P. Igrexas: “Os recursos do Concello deben utilizarse para atender as necesidades reais das viguesas e vigueses, non para amordazar a quen discrepa nin para seguir financiando unha confesión relixiosa”

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal do BNG de Vigo

O BNG de Vigo propón mobilizar 37 millóns de euros adicionais para atender as necesidades reais da cidade

A fronte nacionalista presenta un amplo paquete de emendas ás modificacións orzamentarias propostas polo Goberno municipal de Abel Caballero para o uso de remanentes

Propón triplicar, até os 21 millóns de euros, os recursos destinados a políticas municipais de vivenda e reforzar as políticas sociais, o investimento nos barrios, a mellora das instalacións deportivas, políticas de igualdade e promoción do patrimonio e do galego

Xabier P. Igrexas: "Temos que devolverlle ás viguesas e aos vigueses os recursos que a falta de xestión do Goberno municipal e continuada inexecución do seus propios orzamentos converteu en remanentes”

Ler novas