O BNG de Vigo critica que o Goberno municipal “negue a realidade lamentábel” que padecen as instalacións deportivas
A fronte nacionalista, a través do seu concelleiro Filipe Abalde, defendeu no Pleno unha moción reprobando a “nefasta xestión” do edil de Deportes, Manel Fernández, e esixindo solucións. A moción foi rexeitada polo voto en contra do PSOE
Desde o Goberno municipal, en resposta á denuncia do BNG, anuncia a devolución parcial das cotas á veciñanza afectada
Este mesmo luns, o Concello notificou que van estar pechados en horario de tarde durante todo o mes de xullo o ximnasio do Carme, as instalacións de Samil e o pavillón das Travesas
Xabier P. Igrexas: “Por máis que o neguen o emperador está espido e, a pesar do avultado resultado electoral e da súa maioría absolutísima, os ximnasios municipais non abren, as pistas de atletismo e os pavillóns caen a cachos e non hai aínda nova piscina en Teis”