Aprobada por unanimidade a moción do BNG que apoia a petición de indulto para David Reboredo

Aprobada por unanimidade a moción do BNG que apoia a petición de indulto para David Reboredo

O grupo municipal do BNG acadou o respaldo do pleno ao aprobar por unanimidade a moción de apoio ao indulto para David Reboredo. Na defensa do documento, a concelleira Iolanda Veloso destacou o gran esforzo feito por David para rehabilitarse e formar parte dun grupo familiar totalmente integrado na sociedade, facéndose cargo do coidado do seu pai.

Iolanda Veloso criticou que sexa propia xustiza a que impida a reinserción “despois de que a persoa afectada cumpra os requisitos”. A concelleira nacionalista puxo de releve que a entrada de Reboredo supón “partirlle a vida, vida xa rehabilitada”, polo que defendeu que cómpre o seu indulto para “compensar unha situación inxusta”.

A concelleira do BNG lembrou que David Reboredo, tras iniciarse no consumo de substancias adictivas aos 16 anos, comezou seu tratamento de deshabituación con períodos de altibaixos e logrou a súa rehabilitación logo de seis meses de internamento na comunidade terapéutica da Asociación Alborada. Destacou que a partir dese momento o seu estilo de vida cambiou radicalmente.

Veloso afirmou que son moitos os motivos para a solicitude deste indulto, entre os que destacou a escasa entidade do delicto cometido, a necesidade de autofinanciamento do consumo propio como causa motivadora da comisión, a ausencia de terceiros ou vítimas prexudicadas, a superación do proceso de desahabituación e o seu compromiso familiar e social.

O documento aprobado recolle que cando se ditaron as sentenzas referidas na moción non fora aínda aprobada a reforma do Código Penal de 2010 que engadiu un novo subtipo atenuado ao artigo 368, dedicado ao tráfico de drogas, e establecido para aqueles supostos de escasa gravidade do feito. Deste xeito, o caso de David encaixaría plenamente o caso de David. “Queremos que David saia do cárcere e volva a súa casa”, concluíu Iolanda Veloso.

Apoio á UNED, carril bici e transporte urbano

Por outro lado, o BNG apoiou as mocións do PSOE que instan á UNED a apertura da súa aula en Vigo e á Xunta de Galiza a mellorar a seguridade no carril bici da PO-325, que foron aprobadas por unanimidade. O grupo nacionalista tamén respaldou a iniciativa presentada polo grupo socialista para que o Ministerio de Fomento mellore o alumeado e o mantemento da VG-20.

O Bloque deu seu apoio á petición do PP para que o goberne local desenvolve un plan actualizado de transporte urbano, que tamén foi aprobada por unanimidade. Pola contra, opúxose á proposta popular que insta á creación dun viveiro de empresas no antigo local da escola de hostelería do Berbés, que foi rexeitada.

 

Aprobada por unanimidade a moción do BNG que apoia a petición de indulto para David Reboredo