Olaia Davila pide explicacións a Fomento por usar trens obsoletos no traxecto Madrid-Vigo
A portavoz do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, rexistrou unha iniciativa parlamentar na Cámara para preguntar ao Ministerio de Fomento por que razón empregou vagóns caducos e obsoletos para realizar o tramo entre Vigo e Madrid, especialmente na parte que pasa polo territorio galego.
Davila alude ás denuncias de traballadores do sector ferroviario e usuarios porque no pasado Nadal, Renfe utilizou trens que teñen unha antigüedade de máis de 30 anos. Renfe deberia estar a usar a nova unidade eléctrica 449, razón pola que elevou os prezos debido a que melloraban as condicións de confortabilidade. Máis a compañía está utilizando trens da serie 470 que adoecen de múltiples deficiencias.
Máis tempos de viaxe
A deputada do BNG pón de manifesto que se trata de trens obsoletos e antigos, que teñen moitos problemas como a falla de calefacción, non teñen asentos reclinábeis, nen siquera enchufes para conectar portátis ou outros aparatos tecnolóxicos, tampouco se anuncian as paradas.
Sen esquecer, puntualiza, os importantes retrasos no tempo de percorrido que chegan a 20 minutos no caos dos trens que chegan a Vigo posto que as velocidades deste tipo de unidades son inferiores ás novas unidades.
Por ese motivo dirixe ao Goberno unha serie de preguntas: Parécelle xustificábel que se decida utilizar unidades antigas cando se incrementou o prezo dos billetes argumentando a mellora das condicións asociadas ás novas unidades 449? Vai restituir as unidades 449 no tramo Vigo-Madrid na parte galega do percorrido? Qué medidas vai adoptar para mellorar as condicións dos trens entre Madrid e Vigo?.