O Bloque acada o compromiso do goberno contra o peche de Freiremar

O Bloque acada o compromiso do goberno contra o peche de Freiremar

Freiremar

Carme Adán esixe paralizar o tránsito de camións de transporte dos produtos da planta e garantir os postos de traballo

A deputada do BNG, Carme Adán asegurou na súa intervención que o peche de Freiremar na cidade de Vigo suporá un importante impacto sociolaboral polo que reclamou ao Goberno galego emprender “medidas urxentes” para garantir o mantemento dos postos de traballo e o futuro da planta.

Os traballadores e traballadores afectados polo ERE colectivo manifestáronse ante as portas do Parlamento galego coincidindo co debate da proposición non de lei do BNG e trasladaron a súa “indignación” aos parlamentarios nacionalistas pola falta de resposta do Goberno ante o “inminente peche” da planta en Vigo.

Francisco Jorquera, Carme Adán e Daniel Rodas mantiveron minutos antes do debate un encontro co colectivo de traballador@s que dende a rúa berraban “Freiremar non se pecha”.

O PP apoia a iniciativa nacionalista

Pola súa parte, o portavoz popular José Manuel Balseiro defendeu unha emenda á proposta do BNG para colaborar e apoiar os proxectos viábeis como o que representa Freiremar.

O voceiro do PP afirmou que o Goberno confía na “implicación doutras institucións” porque aínda é posíbel reconducir a situación grazas as modernas instalacións e carteira de clientes. Nós, dixo, “apoiaremos a iniciativa” para que se manteña a planta e os postos de traballo.

Adán celebrou o apoio do PP e resto de grupos parlamentarios á iniciativa e rexeitou a emenda do PP por considerar que non aportaba nada novo ao texto nacionalista.

O Bloque acada o compromiso do goberno contra o peche de Freiremar