O Bloque acusa ao PP de falta de coherencia no eido cultural e de destrozar a cultura do país"
A portavoz municipal do BNG, Iolanda Veloso, subliñou que o Partido Popular é exemplo de falta de coherencia no eido cultural, ao acusar ao Bloque de bipolaridade política mentres destroza a cultura do país. Utilizar a expresión bipolaridade política é unha falta de respecto e de discurso político, denunciou a portavoz nacionalista en resposta a unha xornalista sobre as declaracións dun edil do grupo popular.
Iolanda Veloso asegurou que prefire falar de coherencia ou incoherencia e que se falamos de falta de coherencia o exemplo é precisamente o Partido Popular. Neste sentido criticou que mentres o PP acusa ao BNG de bipolaridade política ou de estar calado, a única proposta dos populares é a de ter 24 horas de e votar en contra das iniciativas culturais ou de calquera proposta que implique facer unha reclamación á Xunta.
A respecto do centro galego de fotografía, a portavoz municipal nacionalista destacou que está construído porque o BNG, exercendo as súas responsabilidades cando estaba no goberno, buscou recursos orzamentarios e que hai unha partida nos orzamentos de 500.000 euros para poñelo en marcha, pero o PP votou en contra.
O centro galego de fotografía efectivamente está pechado. E está para recoller o arquivo Pacheco e o arquivo Llanos, pero tamén algún arquivo que depende da Consellería de Cultura, criticou Veloso, quen tamén denunciou que o PP a través da Xunta e a Deputación se desentenden das dotacións culturais da cidade, como o Marco.