O Bloque pide ao goberno que explique por que bota á rúa ás traballadoras dos centros cívicos

O Bloque pide ao goberno que explique por que bota á rúa ás traballadoras dos centros cívicos

O Bloque Nacionalista Galego presentará por escrito unha pregunta no vindeiro pleno para que o goberno explique por que quere botar á rúa ás traballadoras dos centros cívicos pese a súa demostrada experiencia na xestión destas entidades. Avanzouno así a portavoz municipal do BNG, Iolanda Veloso, tras a xuntanza que os concelleiros Santi Domínguez e Xabier Alonso mantiveron cos usuarios dos bancos do tempo dos centros cívicos.

A portavoz municipal nacionalista, que escusou a súa ausencia da xuntanza, explicou que a reunión tivo por obxecto escoitar as inquedanzas dos usuarios e usuarias dos centros cívicos, en concreto dos bancos do tempo sobre a situación laboral das traballadoras que levan xa 9 anos xestionando estes centros tras o cambio da empresa concesionaria.

“Independentemente de que por lei non se obrigue ao goberno a mantelas nos postos de traballo, o Bloque defende os dereitos laborais das persoas que traballan para o Concello, tanto de xeito directo como a través das concesións”, destacou Iolanda Veloso, quen sinalou que o grupo nacionalista quere coñecer a postura do goberno ao respecto.

Por outro lado, Iolanda Veloso destacou que o BNG defende esta demanda respaldada ademais “polos bos resultados da xestión na prestación de servizos”, tal e como recoñecen os propios usuarios.

 

O Bloque pide ao goberno que explique por que bota á rúa ás traballadoras dos centros cívicos