O BNG denuncia a manipulación interesada de datos durante o proceso de fusión das caixas
19 xuño 2013 - 15:59
En todo o proceso de fusión e privatización das caixas houbo unha manipulación interesada de todos os datos, destacou a portavoz municipal do BNG, Iolanda Veloso, en resposta aos medios sobre o publicado hoxe a respecto do informe elaborado por KPMG, no que se propuña que Caixanova absorbera a Caixa Galicia.
Segundo manifestou Iolanda Veloso, había unha ruta marcada tanto polo goberno do PSOE como polo posterior goberno do PP, cuxo obxectivo era a privatización das caixas. A intención era clara e o resultado ía ser o mesmo, porque o obxectivo era a privatización e a ruta xa estaba marcada, asegurou.