O Bloque pregunta cal é o estado de execución da partida dedicada ao Centro Galego de Fotografía
A portavoz municipal do BNG, Iolanda Veloso, preguntou por escrito ao goberno local cal é o estado de execución da partida dedicada ao Centro Galego de Fotografía, incluida nos orzamentos municipais de 2013 grazas a unha emenda nacionalista. Segundo o goberno local a segunda fase da execución do proxecto será aprobado en xunta de goberno.
Prema aquí para ver a pregunta sobre o Centro Galego de Fotografía
Asemade, Iolanda Veloso, facéndose eco de irregularidades detectadas nas licenzas de taxi por unha asociación sindical de condutores asalariados do taxi de Vigo fíxonos chegar, preguntou se realizara algunha averiguación sobre o estado destas licenzas e se tomou algunha medida ao respecto. Ao respecto, o goberno local sinalou que despois de estudar a documentación correspondente estanse realizando comprobacións nas propias paradas.
Prema aquí para ver a pregunta sobre o problema manifestado polos asalariados do taxi