O BNG solidarízase coas traballadoras dos centros cívicos e acusa ao alcalde de inventar problemas

O BNG solidarízase coas traballadoras dos centros cívicos e acusa ao alcalde de inventar problemas

O concelleiro do BNG, Xabier Alonso, visitou esta mañá o Centro Cívico de Coruxo, onde a súa traballadora e os usuarios do mesmo manteñen un peche en protesta polo despido das empregadas destas instalacións municipais. Deste xeito, o Bloque quere manifestar a súa solidariedade coas traballadoras despedidas tras anos xestionando estes centros municipais.

“O alcalde inventou un problema onde non o había”, salientou Xabier Alonso tras a visita, quen tamén destacou que “é evidente que Caballero non respostou á pregunta feita polo BNG no anterior pleno sobre a situación laboral das traballadoras” dos centros cívicos despois da adxudicación do contrato de xestión.

Precisamente Alonso preguntou no pleno se o goberno local vai garantir a permanencia das traballadoras que levan prestando os seus servizos durante 9 anos. Segundo o concelleiro nacionalista, se usuarios e usuarias demandan a súa continuidade “é porque están contentos coa súa xestión”. “Con esta decisión tírase pola borda a experiencia de anos”, lamentou.

Por outra banda, o edil nacionalista explicou que as novas contratacións de persoal tras o cambio da empresa concesionaria realízanse en peores condicións que as anteriores. “É inadmisible que se precarice o emprego”, criticou.

 

O BNG solidarízase coas traballadoras dos centros cívicos e acusa ao alcalde de inventar problemas