O Bloque reitera que o alcalde debe dar explicacións sobre a acusación de 'enchufes' no Concello
A portavoz municipal, Iolanda Veloso, deu conta novamente da postura do BNG en relación á acusación de 'enchufismo' efectuada polo exalcalde Carlos Príncipe nos medios de comunicación. En resposta ás preguntas dos medios destacou que o actual rexedor da cidade debe dar explicacións para atallar canto antes o asunto e para non prexudicar máis a vida política.
Iolanda Veloso explicou que o Bloque só coñece dita acusación polo publicado nos medios. O que máis nos preocupa é que nun momento en que a política é cuestionada, este tipo de acusacións que teñen a súa orixe nun conflito interno dun partido político deber ser atallada canto antes, e así llelo reclamamos ao alcalde, subliñou.
Vemos como un conflito interno dun partido salpica toda a vida política municipal, criticou a portavoz nacionalista, quen tamén aclarou que de haber outro tipo de denuncia no eido xudicial é a xustiza a quen ten que responder, pero no eido político ten que ser o alcalde quen ten que dar as explicacións.