A petición do BNG o concelleiro de Emprego explicará no pleno a xestión do plan contra a crise
A portavoz municipal do BNG, Iolanda Veloso, destacou que tal e como reclamou o grupo nacionalista, no vindeiro pleno do luns comparecerá o concelleiro de Emprego e Participación Cidadá para informar do proceso de tramitación do plan de compensación contra a crise.
Dado que no pasado pleno presentamos unha pregunta e non foi contestada, pedimos a comparecencia do concelleiro, explicou Iolanda Veloso, quen sinalou que segundo a información que recabou o Bloque, parte das persoas que solicitaron a axuda seguen sen ter noticias e mesmo lle reclamaron dúas veces a mesma documentación.
A portavoz nacionalista sinalou que pese a entender que houbo un proceso de revisión da documentación pola información que temos vemos que hai un problema serio de xestión. Neste sentido, e en resposta aos medios, indicou que a convocatoria se fixo no verán, cun pequeno prazo de entrega da documentación.