O Bloque respalda que a Consellería de Sanidade asuma a xestión de Cedro
O BNG apoiou as moción presentadas polo grupo socialista que instan á Consellería de Traballo e Benestar a investir en políticas de emprego, á Consellería de Sanidade a asumir a xestión de Cedro e á presidencia do Porto a adoptar medidas para dinamizar a actividade dos cruceiros. Nos tres casos, as propostas foron aprobadas polo pleno coa oposición do Partido Popular.
A respecto de Cedro, a portavoz municipal nacionalista Iolanda Veloso criticou que o Estado nin a Xunta están dedicando recursos á atención de persoas que sufren drogodadicción. Porén salientou que este servizo é un dereito de todas as peroas, especialmente tendo en conta que no noso país a tolerancia co narcotráfico é moi alto, tal como se demostra na historia recente de Galiza.
No tocante ao desemprego, o concelleiro Xabier Alonso asegurou que este é o primeiro problema que ten a sociedade, polo que defendeu que as administracións competentes, como son a Xunta e o goberno do Estado, cambien as súas decisións para resolvelo. A reforma laboral é unha fábrica de parados, criticou.
Sobre a moción referida ao turismo de cruceiros, Santi Domínguez denunciou que por parte da Autoridade Portuaria non se está analizando as causas da caía dos pasaxeiros nin tomando medidas para cambiar a tendencia, do mesmo xeito que tampuco se produce a necesaria coordinación entre a APVigo e o goberno local para potenciar o turismo.
Sereos, recollida de aceite e ordenanzas
A respecto das mocións presentadas polo grupo popular, o BNG deulles o seu apoio despois de presentar diversas emendas, de xeito que resultaron aprobadas por unanimidade.
Na proposta para a reapertura do servizo de Sereos, o PP aceptou a emenda nacionalista de instar ao goberno local a buscar unha alternativa que reúna as condicións necesarias para desenvolver o programa de xeito permanente e con todas as garantías de atención, salvando a dignidade e profesionalidade neste servio", destacou Santi Domínguez, quen tamén defendeu que a alternativa sexa dialogada e consensuada.
Ademais, o BNG apoiou a proposta dos populares para que se amplíe, potencie e promocione a recollida de aceites usados, engadindo a emenda que solicita á Xunta de Galiza que estableza un acordo cos concellos para establecer un sistema de recollida de aceite usado e graxas animais co obxectivo de potenciar os biocarburantes, explicou Xabier Alonso.
O Bloque tamén respaldou a solicitude de modificación da ordenanza fiscal xeral planteada polo PP para simplificar os trámites administrativos e facilitar que a solicitude de exención ou bonificación de taxas poida realizarse no exercicio en curso.
Porén, Iolanda Veloso criticou que durante dous o PP votou en contra das propostas do BNG que ían no mesmo sentido do que agora propoñen. Agardamos que esta sensibilidade tamén a teña o PP na Xunta e no goberno do Estado, engadiu.