O Bloque de Vigo aclara que non ten aberto ningún proceso para designar candidat@ ás municipais

O Bloque de Vigo aclara que non ten aberto ningún proceso para designar candidat@ ás municipais

Perante as noticias publicadas hoxe nas que anuncian un posíbel candidato para encabezar a lista do BNG nas próximas eleccións municipais, a organización local do BNG en Vigo publica un comunicado no que manifesta o seguinte:

 

  • Non hai ningún proceso aberto para designar candidata ou candidato nin para confeccionar a lista no seu conxunto.

  • Ningún órgano local (Asemblea, Consello ou Executiva) ten tratado esta cuestión nin recibido ou formulado ningunha proposta.

  • O BNG esta inmerso nun proceso de diálogo con amplos sectores da sociedade e, tamén, con persoas para agrandar a base social do proxecto nacionalista.

  • Será despois de valorar dito desenvolvemento cando os órganos nacionais decidiran tempos e criterios, sendo os órganos locais os encargados de poñer en marcha o proceso de confección de candidatura.

 

O Bloque de Vigo aclara que non ten aberto ningún proceso para designar candidat@ ás municipais