O BNG defende a revisión das ordenanzas para aliviar a presión fiscal ás persoas con menos recursos
A portavoz municipal do Bloque, Iolanda Veloso, destacou a necesidade de revisar todas as ordenanzas porque ao seu xuízo é necesario facer un esforzo para aliviar a presión fiscal ás persoas con menos recursos. En resposta aos medios sobre o pleno de mañá, Iolanda Veloso asegurou que o BNG non está en contra desa ordenanzas pero si considera que a postura do goberno local é incomprensible.
Mañá o goberno só leva dúas taxas a pleno, máis non sabemos que quere facer e por que non quere debater, comentou a portavoz nacionalista, quen destacou que o Bloque seguirá insistindo na necesidade de debater sobre todas as ordenanzas municipais para que a cidadanía e a oposición teñamos a oportunidade de presentar emendas e alegacións.
Iolanda Veloso sinalou que mañá será o momento de lembrarlle ao alcalde o acordo plenario que o insta a levar o conxunto das ordenanzas a pleno. Mañá iníciase o proceso para aprobar inicialmente dúas taxas, pero para nós iso non é determinante, concluíu.