BNG e PSOE demandan que o novo hospital estea dotado co laboratorio central e o PP oponse

BNG e PSOE demandan que o novo hospital estea dotado co laboratorio central e o PP oponse

A reclamación produciuse tras a intervención dunha especialista en hematoloxía clínica que destacou a necesidade de que o novo centro conte co equipamento en todas as especialidades

 

Vigo, 29 de xullo de 2014.- No pleno celebrado esta mañá o BNG e o PSOE aprobaron sendas resolucións, ás que o PP votou en contra, reclamando que o novo hospital estea dotado de laboratorio central. “É imposible comprender como un centro do máximo nivel como debería ser o novo hospital todas as especialidades médicas non estean equipadas ao 100% con laboratorios”, manifestou a especialista en hematoloxía clínica que interveu na sesión.

Recollendo o texto da emenda presentada polo Bloque a unha moción socialista no pleno anterior, e que xa foi aprobada, hoxe aprobouse que o centro hospitalario que se está construíndo en Beade garanta que os servizos de análises clínicas, microbioloxía, inmunoloxía e hematoloxía teñan a dotación necesaria, en recursos humanos e materiais, que permitan dar resposta ás necesidades da cidadanía no ámbito da sanidade pública.

“Facer da necesidade un negocio para as empresas privadas é o obxectivo da Xunta de Galiza coas súas decisións”, criticou a voceira do BNG, quen denunciou que non incluír o laboratorio central no novo hospital é “o primeiro paso para privatizar este servizo”.

Contratación de traballadoras sociais

Por outro lado, Iolanda Veloso preguntou ao goberno a súa postura sobre a proposta de celebrar un pleno extraordinario sobre a necesidade de contratar traballadoras e educadoras sociais. Ao respecto o alcalde respostou que contestarán “por escrito”.

 

BNG e PSOE demandan que o novo hospital estea dotado co laboratorio central e o PP oponse