O BNG reclama que o goberno cumpra o acordo de crear o bonobús para desempregados sen recursos

O BNG reclama que o goberno cumpra o acordo de crear o bonobús para desempregados sen recursos

Asemade o Bloque demanda información sobre o centro cultural e a mellora do saneamento en Coia e o centro sociocomunitario de Ríos

Vigo, 31 de marzo de 2014.- A portavoz municipal do BNG, Iolanda Veloso, demandou que o goberno local execute o acordo unánime da corporación viguesa de crear unha tarxeta social para persoas desempregadas sen recursos. Precisamente foi o Bloque o grupo que presentou esta iniciativa no pleno do pasado 8 de xaneiro e que foi aprobada polos tres grupos con representación municipal.

O

Por outra banda, o concelleiro do BNG, Santi Domínguez, demandou información sobre os atrasos na construción do centro cultural Coia. Neste sentido lembrou que existe un compromiso adquirido tanto polo PSOE como polo PP, asinado en forma de proposta de convenio, para a construción dun centro cultural para este barrio. Sinalou que en virtude deste convenio, o Concello cedería os terreos e a Deputación de Pontevedra financiaría a obra e asemade preguntou pola ubicación das pedras do antigo Colexio Alemán coas que estaba previsto construír este centro.

O edil Xabier Alonso preguntou ao goberno local cando ten previsto realizar o arranxo definitivo ?das tuberías no barrio de Coia e que cantidade ten previsto investir. Ao respecto lembrou que no barrio de Coia se producen habitualmente roturas de tuberías que chegaron a provocar grandes danos e perdas irrecuperables ao inundar os locais do movemento cidadán do Cristo da Victoria, ademais de afectar a casas, vehículos e provocar o corte do tráfico nalgunhas rúas.

Finalmente, Iolanda Veloso, demandou información sobre a xestión e is servizos que ofrece o pregunta centro sociocomunitario de Ríos, xa que se trata dunha instalacións demandas no barrio de Teis que despois de ser construídas permaneceron pechadas durante moito tempo. “Recentemente abriu as súas portas de maneira case clandestina porque non foi anunciado publicamente polo goberno para facilitar información aos veciños e veciñas da existencia dun novo servizo municipal”, criticou a voceira nacionalista.

 

O BNG reclama que o goberno cumpra o acordo de crear o bonobús para desempregados sen recursos