MUNICIPAIS 2023

O BNG aposta por revolucionar a mobilidade en Vigo cunha nova “liña cero” de transporte alternativo entre Navia e Teis

Elsa Quintas, Filipe Abalde, Xabier P. Igrexas (centro), Brais Ruanova e Ana Martínez, os 5 primeiros postos da candidatura do BNG de Vigo
Elsa Quintas, Filipe Abalde, Xabier P. Igrexas (centro), Brais Ruanova e Ana Martínez, os 5 primeiros postos da candidatura do BNG de Vigo

O candidato nacionalista á Alcaldía propón poñer en marcha un transporte articulado (tranvía sen catenaria, trolebús ou metro lixeiro) que sirva de “espiña dorsal” para conectar coa rede de bus urbano, deseñando un novo mapa de liñas e mellorando frecuencias e horarios

Xabier P. Igrexas: “Esa liña cero quere conectar 8 quilómetros do casco urbano, con frecuencias de paso cada 7 minutos, para dar alternativas reais ao uso do coche privado”

O BNG aposta por revolucionar a mobilidade en Vigo cunha nova “liña cero” de transporte alternativo entre Navia e Teis

O Bloque Nacionalista Galego apostar por revolucionar a mobilidade en Vigo coa posta en marcha dunha "liña cero" de transporte alternativo entre Navia e Teis. Así o anuncio este xoves o candidato do BNG á Alcaldía de Vigo, Xabier P. Igrexas, que propuxo dotar a cidade dun transporte articulado que sirva de “espiña dorsal” para conectar coa rede de bus urbano, para a que chamou a deseñar un novo mapa de liñas e mellorar frecuencias e horarios para dar “alternativas reais” ao uso do coche privado.

“Dentro da aposta estratéxica do BNG para avanzarmos cara a unha cidade moito máis habitábel e verde, consideramos fundamental potenciar de verdade o transporte colectivo”, defendeu Igrexas, que asegurou que existen na actualidade avances tecnolóxicos que permitiría poñer en marcha esta liña central con algunha modalidade de transporte articulado, como tranvías sen catenaria, trolebús ou metro lixeiro.

O candidato do BNG asegurou que esta nova alternativa de mobilidade conectará os tres grandes centros da cidade, dende o PAU de Navia, pasando por Travesas, a considerada zona centro até chegar a Teis.

“Con esa liña cero conectaremos 8 quilómetros do casco urbano cun servizo que teña frecuencias de paso cada 7 minutos”, explicou Igrexas

Puxo o exemplo de cidades europeas con este sistema como Brno, a segunda cidade de República Checa, con dimensións e orografías próximas ás de Vigo.

Esta “espiña dorsal” funcionaría como un grande intercambiador para conectar co bus urbano, sobre o que o candidato do BNG chamou a deseñar un novo mapa de liñas que aposte por rutas circulares e con mellores frecuencias e horarios diante do “insuficiente” servizo que presta a actual concesionaria. “Temos que dar alternativas ao uso do vehículo privado, que hoxe non existen por un bus urbano que non está á altura dunha cidade de 300 mil habitantes, porque a veciñanza de Vigo non colle o coche por gusto”, remachou.

O BNG aposta por revolucionar a mobilidade en Vigo cunha nova “liña cero” de transporte alternativo entre Navia e Teis