MUNICIPAIS 2023

O BNG suma o apoio de 50+1 referentes sociais para "abrir un tempo novo" en Vigo

Representantes do ámbito sindical, cultural, veciñal, deportivo ou do activismo social adhiren á “alternativa aberta e en positivo” da fronte nacionalista cara ás eleccións municipais deste 28M

O candidato á Alcaldía, Xabier P. Igrexas, chamou a todas as viguesas e vigueses que non se conforman con máis do mesmo a “confluír” no BNG para lograr unha forza determinante no Pleno

O BNG suma o apoio de 50+1 referentes sociais para "abrir un tempo novo" en Vigo

O Bloque Nacionalista Galego presentou esta mañá un manifesto no que 51 referentes sociais da cidade chaman a apoiar a candidatura encabezada por Xabier P. Igrexas co obxectivo de “abrir un tempo novo” en Vigo.

Na relación de apoios salienta a presenza da escritora, María Reimóndez; o ex reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato; a avogada e activista social, Esther Lora; o sindicalista, Alberto Gonçalves; o ex futbolista profesional, Jonathan Pereira; a profesora universitaria, Helena Migúelez; o dramaturgo, Afonso Becerra; a filósofa e escritora, Carme Adán; o xestor cultural e director teatral, Roberto Pascual; a cantautora, Su Garrido Pombo; así como catro ex presidentes da Federación Veciñal (Amador Fernández, Xosé Lois G. Pais, Xosé Sánchez e Fernando Seixo).

Igrexas valorou este “apoio amplo e plural, por parte de persoas de diferentes ámbitos, orixes e perspectivas” que encadrou na “imparábel onda de simpatía cara ao BNG na cidade de Vigo”. Remarcou tamén que a proposta política da fronte nacionalista é de “portas abertas e cunha vocación firme de sumar”.

“Confluír” no BNG

O candidato á Alcaldía agradeceu expresamente “a xenerosidade de persoas que provindo doutros espazos e organizacións políticas hoxe acreditan na importancia de que todas as viguesas e vigueses que non se conforman con máis do mesmo conflúan na alternativa aberta e en positivo do BNG”. Desta maneira, tivo palabras expresas para o ex concelleiro de Marea de Vigo durante o mandato 2015-2019, Xosé Lois Jácome, e tamén para a ex secretaria xeral de Podemos en Galiza, Carmen Santos, que se sumaron ao manifesto.

“Temos que garantir que ningunha viguesa nin ningún vigués que quere que as cousas muden na cidade poida ficar sen representación", destacou Igrexas

"E o BNG tendémoslle a man para darlle voz e voto no Pleno a toda a veciñanza que sabe e sente que Vigo merece máis e lograrmos unha forza determinante para deixar atrás a inercia paralizante dos últimos anos”, explicou.

Fechando as 51 sinaturas do manifesto do apoio está Carmiña Fernández Santos, unha referente histórica do movemento veciñal de Vigo e presidenta fundadora da AV Val do Fragoso, entidade que Igrexas reivindicou como a súa primeira militancia. “Carmiña foi e é unha grande referente persoal para min. Un exemplo de compromiso xeneroso en favor do ben común. Con ela aprendín que a cidade faise desde os barrios e as parroquias e da importancia de escoitar, sobre todo, a quen pensa diferente”.

MANIFESTO

Asinantes:

María Reimóndez, escritora

Salustiano Mato, catedrático e ex reitor da Universidade de Vigo

Alberto Gonçalves, sindicalista

Francisco Sío, sindicalista

Transi Fernández, sindicalista

Carme Adán, filósofa e escritora

Xosé Lois Jácome (‘Chili’), ex concelleiro da Marea de Vigo

Roberto Pascual, director teatral e xestor cultural

Jonathan Pereira, ex futbolista profesional

Carmen Santos, ex secretaria xeral de Podemos Galicia

Manuel G. Moreira, médico e sindicalista

Amador Fernández, ex presidente da FAVEC

Xosé Lois G. Pais, ex presidente da FAVEC

Xosé Sánchez, ex presidente da FAVEC

Fernando Seixo, ex presidente da FAVEC

Anxo Iglesias, movemento veciñal en Teis

Ana Pérez, movemento veciñal en Valadares

Afonso Becerra, dramaturgo

David Rodríguez, ensaísta e deseñador

Manuel Lópes, bombeiro e sindicalista

Helena Miguélez, profesora universitaria

Xerome Calero, actor e director teatral

Dorés André, bailarina profesional

Fran Guizán, ex sindicalista no estaleiro Vulcano

Rafael Pérez, ex sindicalista no estaleiro Barreras

Ester Lora, avogada e activista social

Antón López “Toniño”, mestre e músico en Treixadura

Pepe Carreiro, debuxante

Lola Estevez, activista social

Su Garrido Pombo, cantautora

Luís Correa “O Caruncho”, músico e regueifeiro

Ana Mosquera, activista da solidariedade internacional

Kaixo, músico

Helena Pérez, editora

Xavier Moreda, activista en defensa da memoria histórica

Francisco Sampedro, ensaísta

Patricia González, artesá e música

Sime Gavira, vogalista de Keltoi

Henrique del Bosque, ensaísta

Manuel Xestoso, xornalista

Afonso Eiré, escritor

Jana Calero, avogada e integrante do grupo musical Liska!

Evaristo Pereira, debuxante

Manolo Pipas, escritor

Uxio Pérez, hostaleiro

Silvia Pérez Tato, editora

Gonzalo Pérez, libreiro

Dores Feixóo, ourive

Mª Jesús Lago, traballadora social

Cipriano Giménez, psiquiatra

Xosé Enrique Costas, profesor da UVigo

Carmiña Fdez. Santos, fundadora da AV Val do Fragoso

 

O BNG suma o apoio de 50+1 referentes sociais para "abrir un tempo novo" en Vigo