O BNG de Vigo pide que a veciñanza tome a palabra sobre o novo PXOM que elaborou na “escuridade dos despachos†o Goberno municipal

Xabier P. Igrexas: “O PXOM presenta gravÃsimas afeccións, como viais que van tronzar parroquias como Bembrive e Beade ou máis dun milleiro de vivendas fóra de ordenaciónâ€.
O Bloque Nacionalista Galego pide que a veciñanza de Vigo tome a palabra sobre o novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) durante a actual fase de alegacións. A fronte nacionalista cre necesaria a participación veciñal para corrixir un proxecto urbanÃstico que, consideran, foi elaborado de forma clandestina, “na escuridade dos despachos†e sen transparencia.
“Facemos un chamamento expreso a que a veciñanza se faga ouvir, a que tome a palabra para dicirlle ao goberno de Abel Caballero que PXOM quere a cidadeâ€, animou o portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, que criticou que o proxecto presentado “non responde ás necesidades reais de Vigo e presenta gravÃsimas afeccións, como trazados de viais que van tronzar parroquias como Bembrive e Beade ou máis dun milleiro de vivendas que van quedar fóra de ordenaciónâ€.
Igrexas salientou como evidencia desta falta de participación veciñal o escaso número de alegacións presentadas até o momento, un total de 336, segundo informou a Xerencia de Urbanismo en resposta a unha interpelación do BNG. “Un número mÃnimo de alegacións que é consecuencia directa da falla total de transparencia que segue a marcar o proceso de elaboración dun PXOM que quere definir o modelo de cidade até o ano 2050â€, valorou.
“O proceso de exposición pública foi reducido a un mero trámite burocrático que está ofrecendo moi poucas luces sobre un PXOM cheo de sombrasâ€.
Desde a fronte nacionalista animaron a que o tecido asociativo de Vigo, tanto veciñal como os movementos sociais, fale “alto e claro†durante o presente perÃodo de alegacións, que conclúe o vindeiro 18 de xaneiro. Un proceso de exposicion e información pública que, en opinión das nacionalistas, foi reducido polo Goberno municipal a “un mero trámite burocrático que está ofrecendo moi poucas luces sobre un PXOM cheo de sombrasâ€.