O BNG denunciará na Comisión de Transparencia se Caballero insiste en ocultar a factura do desfile militar en Vigo
Acusa o Goberno local de incumprir o regulamento que obriga a facilitar esa información en 5 días ao grupo nacionalista: “Despois de 17 días seguimos sen recibir ningún dato”
Xabier P. Igrexas: “O importe debe ser especialmente vergoñento e indefendíbel, toda vez Caballero pretende que a cidadanía non coñeza a factura que se pagou cos cartos de todas e todos”