CORONAVIRUS

O BNG de Vigo propón unha programación municipal dixital de actuacións e actividades para crianzas

Xabier P Igrexas en rolda de prensa
A fronte nacionalista chama a facer máis “amigábel” o confinamento para as máis cativas nun contexto onde non poden saír ao exterior. 
O BNG de Vigo propón unha programación municipal dixital de actuacións e actividades para crianzas
O Bloque Nacionalista Galego vai trasladar ao Comité de Seguimento Municipal da Covid-19 a proposta de que a Concellaría de Xuventude poña en marcha unha programación dixital con actuacións e actividades para as crianzas. 

Con esta iniciativa, despois de varias semanas de confinamento e na perspectiva de que este poida prolongarse inda algún tempo máis, a fronte nacionalista pretende que o Concello de Vigo contribúa a facelo máis “amigábel” para as máis cativas, que son as que máis o están a sufrir.  

Segundo explicou o concelleiro do BNG en Vigo, Xabier P. Igrexas, trataríase de artellar unha programación a través dunha plataforma dixital con actuacións musicais, pezas teatrais, diferentes obradoiros ou actividades artísticas, focadas precisamente a nenas e nenos. “Isto permitiría facer máis confortábel esta situación na que os nosos nenos e nenas non poden saír á rúa, nin poden acudir a esas actuacións e actividades das que tanto gostan e necesitan”, explicou. 

O BNG de Vigo propón unha programación municipal dixital de actuacións e actividades para crianzas