O BNG de Vigo solicita os informes municipais que xustifiquen a talla de árbores na cidade

tallas
[Imaxe: Ecoloxistas en Acción]

Demandan que se coñezan os motivos reais para as cortas indiscriminadas que se están a practicar en diferentes zonas da cidade. 

Xabier P. Igrexas: “As árbores non son ornamento, non son mobiliario nin apenas adorno, senón que son seres vivos que cumpren unha función esencial en termos de sustentabilidade ambiental”.  

O BNG de Vigo solicita os informes municipais que xustifiquen a talla de árbores na cidade
O Bloque Nacionalista Galego vai solicitarlle ao Goberno municipal de Vigo que lle faga entrega de todos os informes técnicos que xustifiquen as tallas de árbores prácticas na cidade nas últimas semanas e meses. Así o anunciou esta mañá o concelleiro, Xabier P. Igrexas. 

A fronte nacionalista quere coñecer cales foron os motivos reais das tallas practicadas en ámbitos como o Castro ou Samil, xa que entenden que carecen de xustificación. Nese sentido, Igrexas quixo subliñar que para o Bloque “as árbores non son ornamento, non son mobiliario nin apenas adorno, senón que son seres vivos que cumpren unha función esencial en termos de sustentabilidade ambiental”.  

“As árbores non son ornamento, non son mobiliario nin apenas adorno, senón que son seres vivos que cumpren unha función esencial en termos de sustentabilidade ambiental”.  

O portavoz municipal nacionalista defende que para avanzar cara a unha cidade máis sustentábel hai que respeitar “as nosas zonas verdes e o arborado” cumprindo a propia ordenanza municipal de medio ambiente, limitando as cortas a aqueles supostos nos que estea debidamente xustificado.  

Igrexas salienta,ademais, que as tallas indiscriminadas contan cunha importante oposición social e veciñal e puxo en valor a crecente conciencia ecolóxica na certeza de que “o futuro de Vigo só se pode escribir en verde”. 

O BNG de Vigo solicita os informes municipais que xustifiquen a talla de árbores na cidade