árbores
Novas
Aviso de podas en Castrelos

O BNG denuncia podas en Castrelos en pleno período de nidificación de aves e acusa a Caballero de “neglixencia ambiental”

A fronte nacionalista alerta do impacto ecolóxico destas actuacións contrarias á evidencia científica e as normas ambientais

Esixe ao Goberno municipal o cese inmediato das podas e unha mudanza radical no seu nefasto modelo de xestión do arboredo urbano

Xabier P. Igrexas: “Ignorar os períodos biolóxicos das especies é unha mostra máis da neglixente xestión do verde urbano por parte do alcalde-leñador”

Ler novas
Novas
Último arboricidio de Caballero no Castro

O BNG cuestiona as cifras inventadas de Caballero sobre o arboredo de Vigo e esixe a fin do arboricidio permanente

Vai solicitar aos servizos municipais información detallada de todas as árbores plantadas desde 2007 e tamén de todas as talladas e retiradas para coñecer o “verdadeiro saldo verde”

A fronte nacionalista denuncia que cada ano se produce unha media de 1.000 tallas e reclama un plan de protección do arboredo urbano

Xabier P. Igrexas: “Frente as mentiras do alcalde-leñador, desde o BNG defendemos que o arboredo xoga un papel absolutamente vital no equilibrio ecolóxico da cidade para avanzarmos cara a un Vigo máis sustentábel e habitábel”

Ler novas
Novas

O BNG de Vigo demanda árbores na Porta do Sol en lugar da ocorrencia de Caballero de instalar un photocall

Defende un “corazón da cidade máis verde” para mellorar o benestar, a saúde urbana e a sustentabilidade ecolóxica fronte ao “artificio permanente” do Goberno municipal

Xabier P. Igrexas: “Abel Caballero volve demostrar cal é o seu modelo para Vigo: unha cidade escaparate, máis pensada para a foto de Instagram que para a vida diaria”

Ler novas
Novas
Antes e despois da talla do piñeiro manso en Navia

O BNG de Vigo denuncia a talla dun exemplar centenario de piñeiro manso en Navia polas obras do Plan Parcial

Critica o maltrato contra o arboredo senlleiro e denuncia que a Xunta incumpre o seu compromiso de respectar o patrimonio natural do barrio

Acusa o Partido Popular de sumarse á “guerra contra o arboredo” de Abel Caballero

Xabier P. Igrexas: “Non podemos permitir que as administracións públicas actúen como un kamikaze ambiental con tallas absolutamente inxustificadas queconstitúen un auténtico suicidio ecolóxico”

Ler novas
Novas
Talla de carballos en Navia

O BNG de Vigo alerta da talla de carballos nas obras do Plan Parcial de Navia e pide a súa reposición

A fronte nacionalista esixe medidas da Xunta de Galiza e do Concello para protexer este ámbito, despois de que a veciñanza conseguise paralizar a corta de máis árbores

Lembra que Caballero garantiu que esta carballeira non ía desaparecer coas obras

Xabier P. Igrexas: “Vigo non soporta xa máis arboricidio, non podemos permitir que o gris cemento siga avanzando a costa de arrasar con máis árbores”

Ler novas
Novas
Porta do Sol

O BNG de Vigo urxe a instalación de arboredo na Porta do Sol para naturalizar o ‘corazón’ da cidade

A fronte nacionalista reitera a necesidade de árbores para evitar que o quilómetro cero da cidade continúe a ser un “ermo gris e un deserto urbano”

Critican que as únicas árbores que se instalaron na praza foran as “palmeiras de metal e luces LED” do Nadal pasado

Xabier P. Igrexas: “As árbores combaten as illas de calor, melloran a calidade do aire, reducen a contaminación e fan das cidades espazos máis habitábeis. Por que insiste Abel Caballero en negarnos isto?

Ler novas
Novas
Calexón do Balado hoxe e antes

O BNG critica un novo arboricidio no centro de Vigo do alcalde-leñador Abel Caballero

A fronte nacionalista denuncia a talla de árbores durante o reinicio das obras no Calexón do Balado, entre as rúas Rosalía de Castro e Areal, a pesar das protestas veciñais

Xabier P. Igrexas: “A visión gris cemento do alcalde está a impedir que Vigo avance cara ao futuro máis verde que todas e todos merecemos”

Ler novas