Carme Adán: "É unha falta de respecto a actitude da Xunta coas pistas de atletismo"

Carme Adán: "É unha falta de respecto a actitude da Xunta coas pistas de atletismo"

A Xunta cualifica de “informe sen validez” o protocolo asinado co Concello de Vigo para remodelar as pistas de Balaídos

A través dunha pregunta parlamentaria, formulada hoxe en comisión pola deputada do BNG, Carme Adán, sobre o “incumprimento do Secretario xeral para Deporte, José Ramón Lete” do convenio asinado o 20 de febreiro de ano 2009 co concello de Vigo para a remodelar as “deterioradas” pistas de atletismo de Balaídos, a Xunta responde que o protocolo é un “informe sen capacidade xurídica”.

A nacionalista aludiu “ao compromiso de colaboración da Secretaria para o Deporte con 3 millóns de euros para o arranxo das pistas” ao que sumou o anuncio da convocatoria de novas ideas e a resolución publicada no DOG para a licitación do proxecto.

A parlamentaria asegurou que no protocolo asinado pola Xunta e o concello de Vigo, o Goberno galego comprometíase a remodelación das pistas de Balaídos e o concello, pola súa parte, ao polideportivo de Candean, compromiso, dixo, que a entidade municipal si cumpriu quedando no ar o arranxo en Balaídos

O subdirector da secretaría para o Deporte, encargado de responder á parlamentaria do BNG en ausencia de José Ramón Lete, afirmou que “os protocolos non crean ningunha obriga xurídica” e a asesoría xurídica da Xunta “non ve moi clara a legalidade do convenio”.

O técnico da Secretaría para o Deporte asegurou que o compromiso de José Ramón Lete co concello de Vigo “será cumprido se o permite os orzamentos” e lembrou que na actualidade existen moitos convenios, “aínda pendentes de sinatura” por mor das dotacións presupostarías.

Finalmente, Carme Adán criticou a resposta do subsecretario e acusou ao titular da Secretaría para o Deporte de “non dar a cara no Parlamento para explicar o incumprimento do seu compromiso coa cidadanía e deportistas de Vigo”.

 

Carme Adán: "É unha falta de respecto a actitude da Xunta coas pistas de atletismo"