Veloso: “É lamentable que o alcalde non modifique as taxas para facilitar a vida da cidadanía"

Veloso: “É lamentable que o alcalde non modifique as taxas para facilitar a vida da cidadanía"

A portavoz municipal do Bloque, Iolanda Veloso, criticou a negativa do alcalde a modificar as taxas e impostos municipais para 2014 introducindo novas exencións e bonificacións destinadas ás persoas con menos recursos. En resposta ás preguntas dos medios sobre a solicitude do grupo popular para que o alcalde convoque o Consello Económico e Social, a nacionalista alertou de que se repetirá “a mesma situación que no pleno extraordinario”.

“O alcalde non quere que haxa máis exencións e bonificacións e quere seguir cobrando xuros ás persoas que teñen que aprazar o pago dos seus impostos”, denunciou a portavoz municipal do BNG, quen asegurou que desde o Bloque se considera “lamentable o empecinamento do alcalde de non facilitar a vida da cidadanía”.

Iolanda Veloso sinalou que no CES cada grupo poderá explicar as súas propostas, “pero igual que no pleno depende do alcalde”, quen “debería escoitar ao CES, igual que ao pleno e á cidadanía”. Para a portavoz do BNG é lamentable que o alcalde non queira facilitar ás persoas con menos recursos facerlles fronte ás obrigas tributarias, como defende o Bloque coas exencións e bonificacións que propón.

 

Veloso: “É lamentable que o alcalde non modifique as taxas para facilitar a vida da cidadanía"