Carme Adán: É lamentable que o PP rexeite incluir a serra do Galiñeiro no parque natural do Aloia"
A deputada no Parlamento galego, Carme Adán, critica que o Partido Popiular rexeitara esta mañá, na Comisión 7ª do Parlamento, incluír a serra do Galiñeiro no parque natural do Aloia e estender a súa protección fronte aos intentos de instalar no macizo un parque eólico.
É incrible que os populares alegaran para rexeitar a nosa proposta que esta serra non cumpre os requisitos para incluíla no parque natural cando é o macizo máis emblemático do sur de Galiza, subliñou Carme Adán.
Para a nacionalista é fundamental que o goberno galego garanta a protección da serra do Galiñeiro e anule a autorización do parque eólico, oplo que lamenta que o PP rexeitara a proposición non de lei debatida hoxe. En Vigo non se entende que o PP non queira preservar os valores e funcións económicas, ambientais e sociais deste monte, sinalou.