Iolanda Veloso: “É necesario diálogo e analizar as repercusións concretas do proxecto Porto Cabral"

Iolanda Veloso: “É necesario diálogo e analizar as repercusións concretas do proxecto Porto Cabral"

A portavoz municipal do BNG, Iolanda Veloso, en resposta ás preguntas dos medios sobre a postura do Bloque a respecto do proxecto comercial e de ocio para Cabral que plantea a empresa Eurofunds, subliñou a necesidade de analizar todos os datos para valorar as “repercusións concretas” do mesmo.

“Calquer proxecto desta envergadura ten que ser analizado con moito coidado”, afirmou Iolanda Veloso, quen sinalou que mesmo desde o BNG “estamos recopilando toda a información para ver cales poden ser as repercusións dun proxecto como este”.

A portavoz nacionalista defendeu que nesa análise pormenorizada é necesario o diálogo con todas as partes afectadas. En resposta aos medios sobre o acontecido onte na asemblea convocada polos comuneros sinalou que “parece que ese traballo aínda non está feito”.

A modo de exemplo, Iolanda Veloso comentou que mentres se fala do potencial económico do proxecto, “nunha situación de crise como a que atravesa o comercio local, haberá que analizar todos os números polo miúdo”.

 

Iolanda Veloso: “É necesario diálogo e analizar as repercusións concretas do proxecto Porto Cabral"