Cómpre que o Plan de Usos do Porto desafecte espazos para a cidade
19 nov. 2012 - 19:22
Santi Domínguez, preguntado polo pagamento que o Concello de Vigo ten que facer dos tuneis de Beiramar, asegurou que no novo Plan de Usos hai que desafectar moitos espazos.
Resulta ridículo que o Concello teña que pagar á Autoridade Portuaria polo pavillón de Bouzas, afirmou. Ao seu xuízo, Concello e Porto deben ir da man e buscar puntos de encontro.