O BNG advirte que o novo plan estratéxico do Porto de Vigo non pode permitir novos recheos
Esixe que antes de elaborar o novo Plan a Autoridade Portuaria realice unha avaliación previa do vixente e que se dea resposta ás alegacións da Delimitación dos Espazos e Usos Portuarios
A fronte nacionalista non admitirá novos recheos na Ría, que se promova a eólica mariña nin que se converta a antiga Vulcano (agora Estaleiros San Enrique) en ampliación da terminal de contedores
Xabier P. Igrexas reclama un proceso participativo e dialogado: “O deseño do futuro do Porto non pode facerse de portas a dentro dos despachos. A Ría é de Vigo e Vigo é da Ría"