O BNG vota en contra os orzamentos da Xerencia de Urbanismo ao descoñecer aínda as contas municipais

O BNG vota en contra os orzamentos da Xerencia de Urbanismo ao descoñecer aínda as contas municipais

A concelleira do BNG, Iolanda, destacou este venres que o Bloque votou hoxe en contra dos orzamentos da Xerencia de Urbanismo ao non coñecer previamente as contas municipais. “Entendemos que o goberno local debería ter preparados os orzamentos xerais incluindo os orzamentos dos organismos autónomos e non comezar a casa polo tellado”, salientou ao respecto.

Tras a celebración da Xerencia de Urbanismo, Iolanda Veloso lembrou que o BNG rexitou os orzamentos deste organismo ”do mesmo xeito que fixemos o ano pasado”. Considerou que sen “visión global” dos orzamentos municipais, presentar os orzamentos dos organismos autónomos “non teñen sentido”.

A concelleira nacionalista sinalou, asemade, que a Xerencia de Urbanismo presenta os mesmos problemas que o ano pasado, e ao longo deste ano, na execución dos orzamentos “non se fixo ningún esforzo nin se tomaron decisións encamiñadas para resolvelos“.

Neste sentido, Iolanda Veloso fixo mención ao “déficit histórico” deste organismo e apuntou tamén que o numero de licenzas para unha cidade como Vigo “é baixo e a súa importancia demostra que a xerencia non está funcionando e non dá respostas as necesidades urbanísticas da cidade, tal e como se pode comprobar nas correspondentes ordes do día”.

Ao seu xuízo, cómpre buscar alternativas para mellorar o seu funcionamento e acadar unha ”mellor eficiencia dos recursos públicos”, polo que expresou a súa confianza de que no proxecto de orzamentos xerais “haxa propostas para melloralos”.

 

O BNG vota en contra os orzamentos da Xerencia de Urbanismo ao descoñecer aínda as contas municipais