Domínguez: "O PP preséntase en Vigo con mentiras e 60.000 parados máis"
O grupo municipal do BNG fixo hoxe unha valoración do transcurso da campaña electoral en Vigo e ao respecto seu portavoz municipal, Santi Domínguez, destacou que o PP se presenta con 60.000 parados máis na comarca que hai 4 anos e nenos e nenas que xa non poden comer nos comedores escolares. Afirmou tamén que chegan tamén outras forzas políticas que non foron quen de criticar a discriminación de Vigo ou non traballaron a prol da cidade.
Santi Domínguez destacou que a valoración que o grupo municipal do BNG fai da campaña reflexa o que ten sido o traballo das distintas forzas políticas na cidade. Neste sentido salientou que o PP preséntase con máis mentiras e un pobrísimo bagaxe, polo que asegurou que o goberno de Feijóo suspende monumentalmente e nin Feijoo nin os que aterran na cidade foron quen de falar do que ten feito o PP e a Xunta.
O nacionalista afirmou que precisamente a actuación do PP nestes catro anos caracterizouse pola total discriminación hacia Vigo, polo que só poden limitarse a vir a mentir sobre o ensino e a sanidade. Ao seu xuízo, a conclusión da campaña do Partido Popular é que suspende por non ter presentado ningún logro nen ningunha iniciativa, e pola contra, aumentar os nenos e nenas que teñen que pagar máis polas prazas escolares, incrementar o número de persoas dependentes que xa non poden ser atendidos e deixar un sector naval agonizante.
Segundo apuntou o portavoz municipal do BNG tamén hai outras forzas políticas que acometeron unha reforma laboral contraria aos dereitos dos traballadores e traballadoras ou que non se opuxeron á reforma levada a cabo polo PP. Asemade criticou ás forzas políticas que teñen seu centro de decisión en Madrid ou que votan con formacións contrarias aos intereses de Galiza. Queda claro que a única forza que mantén seu compromiso con Vigo é co país é o BNG, e o demostra co seu traballo, subliñou.
Xabier Alonso, pola súa banda, explicou que o BNG entende que o traballo institucional é complementario ao traballo de rúa, polo que ao longo desta campaña os e as nacionalistas mantiveron xuntanzas con máis de 2.000 persoas, cos tres sindicatos e con todas as asociacións veciñais.
O grupo municipal do BNG quere pedir o voto para o Bloque Nacionalista Galego para cambiar as cousas e modificar as políticas. Queremos que se rescaten ás persoas e non os bancos, subliñou Iolanda Veloso. Finalmente, Santi Domínguez anunciou que o BNG pechará a campaña en Vigo o vindeiro venres ás 20.15 horas no pavillón de Navia.