Iolanda Veloso reclama que Samil sexa tamén unha milla verde e que non se hipoteque o seu futuro
A voceira municipal criticou que xusto agora que o goberno municipal saca a concurso a adxudicación do Jonathans en Samil recupera o proxecto da chamada milla verde, e cualificou de culebrón esta iniciativa, da que o alcalde empezou a falar en 2008 e que non se materializou até agora.
Segundo manifestou a portavoz nacionalista, que o proxecto da milla verde reapareza agora máis parece propaganda electoral que un compromiso real de recuperación ambiental do contorno natural de Samil,
O BNG considera inaceptábel que se volva a sacar a concurso unha concesión de uso privado na liña da costa, xa que hipoteca polo menos 30 anos máis a recuperación integral da praia de Samil, incumprindo ademáis o recollido no PXOM: eliminación de muros, derrubo de edificacións, recuperación do sistema dunar e ampliación do areal.
A voceira do grupo municipal do BNG indicou tamén que o interese electoralista da proposta da milla verde evidenciase igualmente na posición do PP, que hai tan só un ano denunciaba a falta de diálogo cos veciños e a improvisación do proxecto, e agora afirma que se trata dunha cuestión de cidade e reclama consenso.
Iolanda Veloso, na súa comparecencia, afirmou que o PP e o PSOE pactaron non para resolver os problemas desta cidade, senón para repartirse os réditos electorais.