Santi Domínguez acusa ao goberno de antidemocrático por non asistir á comisión do auditorio

Santi Domínguez acusa ao goberno de antidemocrático por non asistir á comisión do auditorio

O concelleiro do BNG, Santi Domínguez, criticou a ausencia dos membros do goberno vigués así como do alcalde na constitución da comisión de seguimento do auditorio Mar de Vigo, aprobada na sesión plenaria correspondente ao mes de xuño. “É unha actitude completamente antidemocrática”, denunciou o edil nacionalista.

Segundo Santi Domínguez, o BNG considera que non se pode constituir unha mesa de seguimento cando o goberno local “nin se presenta”. Ao seu xuízo trátase dunha “total falta de respecto aos acordos plenarios”, xa que aínda que o grupo socialista se abstivese na votación, a proposta “foi aprobada democraticamente”.

O concelleiro nacionalista lamentou “o pouco interese que ten o grupo socialista en estudar a situación do auditorio” e avanzou que o Bloque “non vai participar de ningún paripé”. Explicou tamén que o grupo nacionalista solicitará toda a documentación que exista sobre o auditorio “para analizala e e establecer as nosas alternativas”.

 

Santi Domínguez acusa ao goberno de antidemocrático por non asistir á comisión do auditorio