O BNG acada un acordo para manter os centros de produción de Pescanova en Galiza e o emprego
A deputada do BNG, Carme Adán acadou o compromiso do Partido popular para instar ao Goberno galego a poñer en marcha medidas destinada a manter os centros de produción en Galiza, non fraccionar a empresa e continuidade dos postos de traballo
A portavoz de Industria do BNG, Carme Adán defendeu hoxe en Comisión unha Proposición non de lei destinada a elaborar un plan de viabilidade para Pescanova mantendo os centros de decisión en Galiza e crear unha comisión de investigación sobre o acontecido na empresa.
Froito dunha transacción co grupo parlamentario popular, finalmente a deputada do BNG acadou un acordo por unanimidade polo que o Parlamento instará ao Goberno galego a procurar, xusto ao resto da Administración pública, administración concursal e resto de acredores e partes implicadas a por en marcha todas as medidas, dentro do proceso concursal, que sirvan para manter os centros de produción en Galiza co compromiso de non fraccionar a empresa e manter os postos de traballo.
A saída da comisión de Industria, a deputada do BNG valorou o acordo do que dixo, representa un primeiro paso para a implicación do Goberno galego nunha empresa tan importante para Galiza.
A parlamentaria anunciou que o BNG permanecerá vixiante ao cumprimento do acordo para que non fique en papel mollado do Parlamento.