Veloso: “Agardamos que o expediente para retirar a Medalla da Cidade a Gayoso xa estea iniciado"

Veloso: “Agardamos que o expediente para retirar a Medalla da Cidade a Gayoso xa estea iniciado"

En resposta ás preguntas sobre o procedemento para facer efectiva a retirada da Medalla da Cidade a Fernández Gayoso, Iolanda Veloso asegurou que o secretario municipal “ten que executar as decisións que se tomen no pleno”. Concretou que para iso ten que iniciar o expediente, tal e como recolle a moción aprobada na sesión do pasado luns.

“Hai que iniciar o expediente e terá que inicialo o secretario, polo que supoñemos que xa estará iniciada”, aclarou a portavoz nacionalista. Ademais, sinalou que, posto que o regulamento non recolle prazos no caso de retirada da medalla, o Bloque solicitou que se fixera “de manera inmediata” para cumplilo no Pleno de Vigueses Distinguidos.

Porén Iolanda Veloso indicou que é potestade do alcalde convocar o pleno extraordinario “mesmo a semana que vén para executar a decisión tomada o pasado luns”, apuntou. “Nós solicitamos que se fixera canto antes e unha vez tomada a decisión canto antes se execute, mellor”, concluiu.

 

Veloso: “Agardamos que o expediente para retirar a Medalla da Cidade a Gayoso xa estea iniciado"