Vence denuncia que a parálise do novo hospital vigués é exemplo do fracaso do financiamento privado

Vence denuncia que a parálise do novo hospital vigués é exemplo do fracaso do financiamento privado

O portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, salientou que a utilización de financiamento privado en un “grave erro”, tal e como se pode comprobar coa parálise das obras do novo hospital de Vigo. O líder nacionalista así o manifestou durante o acto reivindicativo celebrado esta tarde en Vigo e convocado pola plataforma SOS Sanidade Pública.

“Desde o BNG quero expresar o apoio á mobilización da plataforma porque compartimos un modelo de sanidade ao servizo da cidadía, e unha sanidade pública financiada con recursos públicos”, explicou Vence no transcurso do acto, no que ademais da deputada nacionalista Carme Adán e a portavoz municipal Iolanda Veloso, participaron os responsables local e comarcal do Bloque vigués.

Para o portavoz nacionalista, a obra paralizada do novo hospital de Vigo é “modelo do fracaso do financiamento privado”. Pero para Xavier Vence, ademais de “grave erro”, é “irresponsable perseverar neste erro”.

Segundo manifestou na súa intervención, a cidadanía de Vigo non se merece esta “tomadura de pelo”, xa que ademais de recortes no proxecto orixinal a demora terá “moitos custes para o erario público”.

Encarecemento da sanidade

Neste sentido, Xavier Vence denunciou que o financiamento privado da sanidade “fai unha sanidade máis cara que a financiada de xeito público”. Criticou que se trata “dun erro de consecuencias enormes”, xa que considerou que se o erro continúa só conduce a “unha obra cara e que vai custar máis que se se fixera con recursos públicos ao ter que pagar o sobrecusto”.

Fronte a esta situación salientou a participación no acto de “todos os que defendemos a sanidade pública”, en referencia á participación dos líderes de AGE e PsdeG, ao tempo que reiterou o apoio do Bloque ás mobilizacións que convoque a plataforma SOS Sanidade Pública.

 

Vence denuncia que a parálise do novo hospital vigués é exemplo do fracaso do financiamento privado