O BNG de Vigo esixe a Caballero que rexeite o acordo da FEGAMP coa Xunta polo financiamento do SAF que cualifica de “tomadura de pelo”
A fronte nacionalista reclama un financiamento que cubra o 100% do custe real dun servizo esencial de coidados como paso previo a ser asumido dentro dun “Sergas dos servizos sociais”
Critica que o Goberno galego apenas vaia asumir para este ano 16 dos máis de 24 euros do custe por hora do SAF vigués
Xabier P. Igrexas: “Aceptar este acordo é asumir un engano que castiga as persoas usuarias, as traballadoras do SAF e ao propio Concello”