O Bloque vigués aproba o novo Consello e Executiva comarcais co 83% dos votos
A Asemblea Comarcal do BNG en Vigo respaldou a renovación do Consello e Executiva comarcais co 83% dos votos emitidos. Na convocatoria celebrada hoxe resultou elixido Manuel Caride como responsable comarcal.
Segundo destacou o novo responsable comarcal na súa intervención, ninguén pode pór en dúbida que a defensa do emprego e das políticas sociais teñen que ser, lóxicamente, a principal preocupación dunha comarca en crise como é a de Vigo.
Porén, Manuel Caride afirmou que para o BNG a resposta a esta situación de crise económica, social e política que estamos a padecer pasa, obrigatoriamente, por unha aposta decidida pola soberanía nacional de Galiza.
Ao seu xuizo, a soberanía debe entenderse como a capacidade de decidir cómo solucionar os nosos problemas e defender os nosos intereses, polo que asegurou que estas dúas liñas serán as que marquen esta etapa do Bloque comarcal vigués.
O Consello Comarcal, como dirección política da comarca e está formado por 25 persoas de escolla directa pola Asemblea, ás que hai que sumar os e as responsábeis locais e a persoa representante de Galiza Nova.