O Bloque vigués renova a Executiva e o Consello locais coa aprobación do 70% dos votos
12 abr. 2013 - 16:24
A Asemblea Comarcal do BNG en Vigo celebrada onte aprobou o seu novo Consello e Executiva locais co 70% dos votos emitidos, cunha lista encabezada polo exdeputado Henrique Viéitez.
O novo responsable local salientou na súa intervención os seus principais obxectivos nesta nova etapa, buscando mecanismos para que todos os militantes teñan canles de participación. Todos temos moito que achegar, asegurou.
A vertebración dos diferentes grupos de barrio, espallados polos barrios e parroquias de Vigo, foi outro dos aspectos que destacou Henrique Viéitez. Ao respecto defendeu a importancia de contar cunha militancia activa en todos os espazos como forma de potenciar a política nacionalista.