O Bloque rexeita que se faga viguesa distinguida a unha entidade antiabortista
_A fronte nacionalista oponse ao nomeamento da antiabortista Red Madre.
_ Demandan que o Pleno rexeite a proposta formulada polo Partido Popular.
VIGO, 21 de marzo de 2016.- O Bloque Nacionalista Galego rexeita o nomeamento da organización antiabortista Red Madre como entidade viguesa distinguida. O Responsábel local do BNG, Serafín Otero, xulga que de se consumar a designación será a primeira vez desde 1985 que a cidade distinga a unha persoa ou organización cuxos postulados e actividade persigue o recorte de dereitos e liberdades, aludindo en concreto ao dereito á interrupción voluntaria do embrazo. Otero secunda, desta maneira, as críticas formuladas desde a Plataforma Galega en Defensa do Aborto, considerando que premiar a ultraconservadora Red Madre suporá dar un paso atrás na conquista e recoñecemento dos dereitos das mulleres.
En consecuencia desde o Bloque demandan que o Pleno, de quen e potestade o nomeamento, rexeite a proposta formulada polo Partido Popular. É evidente que esta proposta non encaixa dentro do consenso institucional co que sempre se adoptaron este tipo de nomeamentos explica Otero. O PSOE ten na súa man evitar que unha distinción da cidade se converta nun acto de agravio contra as mulleres afirmou.
Aliás, desde a fronte nacionalista lembran que na cidade existe un importante número de organizacións e plataformas feministas que desenvolven un inxente traballo en defensa dos dereitos das mulleres, que si deben ser obxecto de recoñecemento.