O BNG quere que a mobilización do día 15 exprese o descontento de Galiza e a necesidade de soberanía

O BNG quere que a mobilización do día 15 exprese o descontento de Galiza e a necesidade de soberanía

O responsable local do Bloque vigués, Henrique Viéitez, destacou que é necesario que a mobilización do vindeiro 15 de setembro sexa o día da expresión do descontento da sociedade galega diante do aumento da precariedade. Tamén afirmou que para o BNG é necesario aumentar a capacidade de decisión de Galiza e polo tanto a soberanía.

“O 15 de setembro queremos xuntar a toda a cidadanía que teña unha situación persoal precaria, desde os afectados polas preferentes ata os emigrantes que teñen que pagar dobres impostos”, explicou Viéitez, durante o reparto de material informativo no Calvario sobre esta mobilización, que terá lugar en Compostela, e no que tamén participaron o responsable comarcal, Manuel Caride, e o concelleiro Xabier Alonso.

Para o BNG estase a producir un deterioro social alarmante, co aumento do desemprego e das persoas en risco de exclusión; pero tamén unha degradación da democracia, con máis casos de corrupción; asó como unha forte recentralización, invadindo as competencias das comunidades autonómas.

Segundo o responsable local do Bloque, “o BNG demanda capacidade de decisión para recuperar o emprego e defender os dereitos e conquistas sociais que melloran a calidade de vida”.

 

O BNG quere que a mobilización do día 15 exprese o descontento de Galiza e a necesidade de soberanía