Fainos chegar a túa idea/proposta/suxestión para os orzamentos municipais 2017

Fainos chegar a túa idea/proposta/suxestión para os orzamentos municipais 2017

PARTICIPACIÓN XA!

—Os orzamentos muncipais son algo fundamental nun Concello, xa que determinan a que destinar os recursos públicos, definindo que necesidades son prioritarias e facilitando o financiamento para poñer en marcha as medidas precisas para darlles resposta. 

O actual goberno municipal vén de aprobar a súa proposta de orzamentos para o vindeiro ano 2017. Fíxoo máis unha vez desde a absoluta opacidade e a nula participación. Son unhas contas elaboradas desde os despachos, de costas á cidadanía, sen escoitar os colectivos e organizacións sociais. Uns presupostos que só teñen en conta a opinión do PSOE, non a da cidade.

—Desde o BNG levamos anos a reclamar que se avance cara un modelo de orzamentos participativos, nos que a veciñanza teña a posibilidade de tomar parte directa nas decisións que lle afectan. Así o fixemos sempre nas áreas de goberno que diriximos noutros períodos, cunha interlocución permanente cos colectivos sociais.

—Pero nós non queremos quedarnos nesa reivindicación en chave de futuro. Exiximos participación, aquí e agora. Queremos que a cidade opine XA, que formule ideas e propostas, que determine cales son as necesidades prioritarias. 

—Para iso vimos de poñer en marcha unha campaña destinada a recoller de maneira directa a opinión tanto dos colectivos como da veciñanza en xeral:

  • Cos colectivos iniciamos unha rolda de xuntanzas, coa que recoller as reclamacións das asociacións veciñais, pero tamén doutras organizacións sociais e sindicais que representan a milleiros de viguesas e viguesas.
  • Ademais, habilitamos esta sección na nosa web, como ferramenta para que calquera veciño ou veciña de Vigo nos poida facer chegar as súas ideas e propostas.

—O obxectivo desta campaña é poñermos enriba da mesa as necesidades e problemas reais da veciñanza, e tamén, dos barrios e parroquias, os grandes esquecidos por este goberno. Queremos poñer o foco nas necesidades que ten a xente, como primeiro paso para exixirlle ao goberno local que as atenda, que lle dea resposta.

  • Todas esas achegas, ideas, propostas, que xa empezamos a recoller desde xa, darán lugar a unha alternativa á proposta de orzamentos que se veñen de aprobar, e que levaremos ao Pleno en forma de alegacións. 
  • Desta maneira, o BNG queremos servir de instrumento para a participación que o Alcalde lles nega aos veciños e veciñas e aos colectivos sociais da cidade.

Queremos decidirmos entre todas e todos, para xuntas/os construír o Vigo que merecemos.

ENVÍA A TÚA PROPOSTA 

_En que cres que debe priorizar o Concello de Vigo os seus gastos? Que necesidades son máis urxentes? Cales deberan ser as prioridades? 

_Fainos chegar as túas propostas e ideas a través deste formulario, ou do correo electrónico: [email protected]

_Nós recollerémolas para as facer chegar ao Pleno do Concello en forma de alegación. Coa túa axuda elaboraremos unha alternativa que faga das necesidades da xente e dos barrios o primeiro!

 

Fainos chegar a túa idea/proposta/suxestión para os orzamentos municipais 2017