Novas
O portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas

O BNG alerta de que máis da metade das vivendas para alugar en Vigo superan os 1.000 euros mensuais

A fronte nacionalista reclama “máis feitos e menos anuncios” do Goberno de Abel Caballero ante a situación de “emerxencia habitacional” na cidade

O portavoz municipal, Xabier P. Igrexas, censura a resposta da primeira tenente de alcalde ante o reclamo de máis de 15 colectivos e entidades para un parque vivenda público: “Desde un luxoso chalé en Toralla e cuns ingresos anuais de máis de 100.000 euros, para a señora Carmela Silva o problema da vivenda non é unha preocupación”

Ler novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal do BNG de Vigo

O BNG de Vigo esixe á Xunta o reforzo de persoal nos centros de saúde para evitar un novo verán de “colapso sanitario”

A fronte nacionalista advirte de que xa se están a incrementar as esperas para citas médica, con demoras de máis de 15 días, e advirte do risco de saturación do PAC e das urxencias hospitalarias

Considera especialmente preocupante o impacto da falla de persoal na atención pediátrica e para as persoas maiores e con enfermidades crónicas

Xabier P. Igrexas: “A enfermidade non colle vacacións e o dereito á saúde tampouco, por iso hai que blindar a Atención Primaria que é a columna vertebral da sanidade publica”

Ler novas
Xabier P Igrexas, Ana Martínez e FIlipe Abalde no Pleno de Vigo

O BNG Vigo levará ao Pleno o rexeitamento ao desfile militar e esixe transparencia sobre o seu custo e compensacións á veciñanza afectada

A fronte nacionalista denuncia o “carácter militarista e españolista” dunha exhibición que choca co compromiso pacifista da inmensa maioría das viguesas e vigueses

Demanda que se compense á veciñanza polos graves prexuízos que está a padecer por causa dos preparativos do desfile, singularmente o feche de instalacións deportivas

Xabier P. Igrexas:  “O que precisa Vigo non son tanques, cazas militares nin desfiles propagandísticos, senón máis vivenda pública, mellores servizos públicos e políticas que atendan os problemas reais das viguesas e vigueses”

Ler novas
Xabier P. Igrexas e Ana Miranda co mapa do Corredor Atlántico

O BNG esixe máis fondos para completar o Corredor Atlántico: “Vigo non pode seguir excluída das redes europeas de transporte”

A eurodeputada Ana Miranda logra a inclusión inicial de 40 emendas ao Mecanismo Conectar Europa para reforzar as redes ferroviarias e portuarias da cidade e da súa área

Ana Miranda: “A voz de Vigo en Europa deféndea o BNG, somos a voz do tren, da conexión con Portugal, do noso porto e aeroporto”

Xabier P. Igrexas: “O escano que Galiza ten no Parlamento europeo demostra con feitos que o BNG é a única forza que fai valer os intereses de Vigo”

Ler novas