Novas
Xabier P. Igrexas e Néstor Rego

BNG afirma que a lei de transferencia da AP-9 sairá adiante a pesar das mentiras e do voto en contra do PP

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, exixe ao PP abandonar a campaña de mentiras para votar en contra dunha demanda histórica da sociedade galega a respecto da AP-9: “O que acontece é que realmente non queren a transferencia”

Xabier P. Igrexas sobre conseguir unha AP-9 galega e libre de peaxes: “queremos poñer fin a unha política de castigo e maltrato que sofre á Galiza”

Ler novas
Montse Prado e Xabier P. Igrexas en rolda de prensa

O BNG esixe á Xunta que rectifique o peche de camas e os recortes na sanidade pública en Vigo este verán

A fronte nacionalista acusa o Goberno galego de provocar o “colapso” da atención sanitaria cun “desmantelamento programado” nos hospitais e nos centros de saúde

Montse Prado: “Non hai escusas de falta de profesionais, o que hai é unha nula vontade política, precariedade estrutural e un castigo sistemático á sanidade pública de Vigo para favorecer o negocio privado”

Xabier P. Igrexas: “Vigo non se vai pór de xeonllos ante o castigo da Xunta do PP, imos defender o noso dereito a unha sanidade 100% pública, universal e de calidade"

Ler novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal do BNG no Pleno de Vigo

O BNG propón que o Concello de Vigo negocie coa banca a cesión de 227 vivendas baleiras para destinalas a alugueiro accesíbel

A fronte nacionalista levará á Xerencia de Urbanismo unha iniciativa para incorporar os inmóbeis desocupados das entidades financeiras nun parque de vivenda protexida e social

Xabier P. Igrexas: “A grave emerxencia habitacional que sofre Vigo obriga a actuar con decisión e aproveitarmos todos os recursos dispoñíbeis para facilitar o dereito á vivenda”

Ler novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal BNG Vigo

O BNG de Vigo reclama ao Goberno municipal que dea prioridade a politíca social, emprego e vivenda

A fronte nacionalista aprema o Executivo de Caballero “a que se poña a traballar” para evitar que o orzamento de 2026 volva “marcar un novo récord de inexecución”, tras deixar o pasado ano 150 millóns de euros sen gastar

Xabier P. Igrexas: “As viguesas e vigueses merecen e precisan dun Concello que humanice de verdade a cidade poñendo as persoas no centro”

Ler novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal do BNG de Vigo

O BNG de Vigo esixe ao Goberno de Caballero que deixe de “boicotear” os eventos organizados polo tecido asociativo

A fronte nacionalista denuncia “atrancos e enormes demoras” na tramitación de permisos e reclama máis persoal municipal e apoio económico para as actividades dos colectivos veciñais

Xabier P. Igrexas: “Non pode ser que a incapacidade do Goberno acabe por facer desaparecer actividades tan importantes como o festival Sons da Industria ou as fogueiras de San Xoán”

Ler novas
Xabier P. Igrexas, Ana Martínez e Filipe Abalde no Pleno de Vigo

O BNG carga no Pleno de Vigo contra a inexecución orzamentaria "crónica" do Goberno de Caballero con 225 millóns de remanentes

A fronte nacionalista alerta de que o Concello deixou o pasado ano 150 millóns sen gastar mentres incrementa a presión fiscal, as privatizacións e o abuso dos contratos menores

Revela que case a metade das obras remataron custando máis do inicialmente previsto e no 86 % dos contratos apareceron excesos de medición próximos ao límite legal

Xabier P. Igrexas: “A Conta Xeral de 2025 destripa a propaganda e demostra o moito que o Goberno municipal deixou de facer polas viguesas e polos vigueses”

Ler novas
Xabier P. Igrexas e Abel Caballero no Pleno de Vigo

O BNG de Vigo proporá a reprobación de Caballero no Pleno polo caso Saltamontes

A fronte nacionalista acusa ao alcalde de manter unha "continuada opacidade" sobre o accidente mortal, bloquear a Comisión de Investigación e negarse a asumir nin depurar responsabilidades políticas

Xabier P. Igrexas: “Un alcalde que se nega a dar a cara no Pleno, que se nega a someterse ás preguntas e ao control da oposición, que se nega a dar respostas e asumir responsabilidades, simplemente non merece seguir sendo alcalde”

Ler novas
Filipe Abalde, concelleiro do BNG de Vigo

O BNG de Vigo denuncia novos peches nos ximnasios municipais durante o verán

A fronte nacionalista vai esixir no Pleno deste vindeiro luns unha rectificación do Goberno local, ante a súa pretensión de pechar a instalación do Berbés todo o mes de xullo e a do Carme en horario de tarde, e que pode ser total tamén en agosto

Filipe Abalde: “Esta situación evidencia unha preocupante falta de planificación e outra tomadura de pelo coas persoas usuarias das instalacións deportivas municipais”

Ler novas