Novas
A deputada Montse Prado e o portavoz municipal Xabier P. Igrexas

O BNG esixe un plan da Xunta ante a fuga de doentes e que o Consello de Contas fiscalice Povisa

Denuncia o deterioro na atención sanitaria e nas condicións laborais malia un aumento do 20% dos recursos públicos que transfire o Sergas ao centro privado vigués dende 2019

Reclama facer público o actual contrato e transparencia na negociación do novo acordo

Montse Prado: “Os cartos públicos non están indo para unha mellor calidade asistencial”

Xabier P. Igrexas: “Non podemos seguir a subvencionar a precarización da sanidade”

Ler novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal do BNG de Vigo

O BNG de Vigo lanza un ultimato a Caballero para dea a cara no Pleno polo accidente do Saltamontes

A fronte nacionalista rexistra un recurso de reposición en solitario, ante a negativa do PP, para que o alcalde rectifique o seu “veto ilegal” a comparecer na sesión extraordinaria

Expón unha ampla fundamentación xurídica que demostra que a decisión do rexedor é contraria a dereito por constituír un “flagrante desvío de poder e unha fraude de lei”

Xabier P. Igrexas: “En democracia non todo vale, e prevaricar para vulnerar dereitos fundamentais non pode saír gratis”

Ler novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal do BNG de Vigo

O BNG de Vigo desafía Caballero a abandonar o seu "encastelamento covarde" e convocar o Debate sobre o Estado da Cidade

A fronte nacionalista rexistrará a solicitude para un debate "de verdade" cun formato aberto, plural e cunha quenda de réplicas, e propón que se celebre un sábado pola mañá no Auditorio Municipal para facilitar a participación veciñal

Denuncia que o rexedor vive "encastelado en declaracións enlatadas sen posibilidade de preguntas nin dos xornalistas", mentres Vigo padece un "mandato perdido" con problemas gravísimos en vivenda, transporte, servizos sociais ou o abandono dos barrios

Xabier P. Igrexas: “Democracia é moito máis que votar cada catro anos, esixe diálogo, rendición de contas e vontade de responder ás preguntas que a cidadanía ten”

Ler novas
Encontro veciñal do BNG de Vigo en 2025

O BNG de Vigo pide acabar co "muro de silencio" co que Caballero desatende as case 41.000 queixas veciñais recibidas este mandato

A fronte nacionalista reclama a constitución da Comisión Especial de Queixas e Suxestións, informes trimestrais ao Pleno sobre a atención das reclamacións e unha Carta de Compromisos coa Cidadanía

Denuncia que desde o 2017 a Valedoría da Cidadanía non presenta o seu informe anual e a política de “xordeira autoritaria e represión” contra os movementos sociais e o tecido asociativo

Xabier P. Igrexas: “Este volume brutal de queixas son a demostración de que o Goberno de Abel Caballero non goberna e fica reducido a un gabinete de propaganda e autobombo, que anuncia e promete pero que non fai”

Ler novas
O portavoz municipal do BNG, Xabier P. Igrexas, en rolda de prensa

O BNG esixe rectificar o veto de Abel Caballero a comparecer no Pleno extraordinario polo caso Saltamontes

A fronte nacionalista acusa de “desvío de poder e fraude de lei" a decisión do alcalde de Vigo de eliminar a súa intervención da orde do día da sesión convocada pola oposición

Advirte de posíbeis accións legais en caso de que o rexedor non rectifique

Xabier P. Igrexas: “O PSOE pasa de exercer o absolutismo a directamente avanzar nunha vertente autocrática, con Abel Caballero pasando de alcalde a autocoroarse emperador"

Ler novas
Comitiva do BNG e Galiza Nova no Orgullo de Vigo de 2023

O BNG critica que Caballero afogue economicamente o Orgullo LGBT mentres subvenciona con centos de miles de euros a Igrexa

A fronte nacionalista esixirá explicacións na Comisión de Igualdade pola retirada do apoio municipal aos actos do Orgullo LGBT e denuncia a exclusión da diversidade sexual das liñas de subvencións municipais

Denuncian que o pasado 2025 o Concello subvencionou con máis de 640.000 euros a Igrexa Católica fronte aos apenas 3.000 para a organización do Orgullo que agora retiran

Xabier P. Igrexas: “É vergoñento ver como Abel Caballero se desfai en colaboracións e axudas en favor da xerarquía da Igrexa mentres lle vira as costas ao Vigo diverso, plural e reivindicativo”

Ler novas
Aviso de podas en Castrelos

O BNG denuncia podas en Castrelos en pleno período de nidificación de aves e acusa a Caballero de “neglixencia ambiental”

A fronte nacionalista alerta do impacto ecolóxico destas actuacións contrarias á evidencia científica e as normas ambientais

Esixe ao Goberno municipal o cese inmediato das podas e unha mudanza radical no seu nefasto modelo de xestión do arboredo urbano

Xabier P. Igrexas: “Ignorar os períodos biolóxicos das especies é unha mostra máis da neglixente xestión do verde urbano por parte do alcalde-leñador”

Ler novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal BNG Vigo

O BNG rexeita que o PP secuestre os investimentos da Deputación en Vigo impoñendo como condición un “selfie” co alcalde

A fronte nacionalista acusa a populares e socialistas de utilizar as institucións como “trincheiras partidistas” e esixe que a cidade non sexa refén das súas disputas

Critica a negativa “infantil” de Caballero a asinar publicamente os convenios, pero cualifica de inaceptábel que o Partido Popular condicione os investimentos a unha foto co alcalde

Xabier P. Igrexas: “ Non podemos aceptar que a señora Sánchez pretenda facer a súa campaña electoral como candidata á Alcaldía, aínda por confirmar polo seu propio partido, apalancándose na Deputación e utilizando os seus recursos como propaganda partidista”

Ler novas

O BNG reclama facer pública a factura do desfile das forzas armadas para o Concello de Vigo

Reitera a demanda de que se informe de todos os gastos directos e indirectos, entre eles a recepción do monarca na casa consistorial, que non foi informada ao resto de grupos

Critica o “silencio” do Goberno local ante as peticións na Comisión Informativa e no Pleno

Xabier P. Igrexas: “A cidadanía de Vigo ten todo o dereito a coñecer a factura do desfile de tanques, soldados e armamento pesado polas nosas rúas”

Ler novas