O BNG de Vigo reclama multiplicar por dez o investimento no Consorcio do Casco Vello e reorientalo cara ao alugueiro social
A fronte nacionalista pide revisar o Plan de Acción 2026-2029 para mobilizar un mínimo de 70 millóns de euros e facer da rehabilitación unha ferramenta contra a crise da vivenda priorizando o alugueiro
Xabier P. Igrexas: "O Casco Vello ten que ser un barrio para vivir, e non só para visitar ou consumir hostalaría; urxe un motor público de alugueiro social fronte á especulación turística”