alugueiro
Novas
O portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas

O BNG de Vigo denuncia que Caballero continúa a “facer caixa” coas vivendas do Concello en lugar de destinalas a alugueiro social

A fronte nacionalista rexeita que o Concello insista en vender inmóbeis e aproveitamentos urbanísticos que deberían dedicarse a vivendas accesíbeis

Reclama que se suspendan as poxas para a venda de varios inmóbeis municipais e que se utilicen para crear un parque público de vivenda

Xabier P. Igrexas: “É indecente especular co patrimonio inmobiliario do Concello nunha cidade con alugueiros disparados e en situación de emerxencia habitacional”

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas e Abel Caballero no Pleno de Vigo

O BNG de Vigo esixe a Caballero que deixe de rirse da cidade cos seus anuncios sobre vivenda

Denuncia que o programa de compra de vivendas para alugueiro anunciado hoxe polo alcalde non chegará nin á metade das 40 que o seu goberno vendeu en 2017 na rúa República Arxentina en lugar de destinalas a uso social

O borrador do prego de condicións do “programa pantasma” permite vivendas de 40 metros cadrados e mesmo estudos de só 25 e fixa que no prezo máximo de 180 mil euros se inclúan tamén os custes das reformas que necesiten

Xabier P. Igrexas: “A solución de Caballero ao gravísimo problema da vivenda é ofrecer uns poucos pisos que van ter menos tamaño que o seu despacho no Concello”

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas, portavoz BNG Vigo

O BNG defenderá no Pleno medidas urxentes ante o agravamento do problema da vivenda en Vigo

Promove unha moción para demandar actuacións diante da “inacción” dos Gobernos galego, español e municipal fronte á emerxencia habitacional e á suba dos alugueiros

Urxe Abel Caballero a executar as medidas aprobadas hai 19 meses a proposta do BNG

Xabier P. Igrexas: “As miles de viguesas e vigueses que non se poden permitir vivir na nosa cidade o que precisan dunha vez son feitos e non máis discursos”

Ler novas
Outras novas
Xabier P Igrexas reunido en outubro con afectados polo desaloxo da pensión e da Favec

O BNG urxe unha alternativa habitacional para as 21 persoas ameazadas de desaloxo da pensión máis antiga de Vigo

Afea a “violencia institucional” do Concello e da Xunta contra a vintena de inquilinos en situación de vulnerabilidade social da pensión Nosa Señora do Carmen

Xabier P. Igrexas: “É unha tomadura de pelo que a única opción que lles ofrezan sexa buscar un alugueiro nunha cidade con prezos imposíbeis por riba dos 700 euros mensuais de media”

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas_portavoz municipal BNG Vigo

O BNG esixe poñer fin ao “descontrol e barra libre” dos pisos turísticos en Vigo

Acusa a Concello e Xunta de facilitar a súa proliferación por falla de medidas e denuncia que máis da metade aínda non están rexistrados no Ministerio de Vivenda malia ser obrigatorio

A fronte nacionalista reclama que o Concello exerza as súas competencias de control e realice inspeccións nas vivendas de uso turístico

Xabier P. Igrexas: “Hai que meter en cintura un sector que se está cebando con enormes beneficios a costa de impedir o acceso da maioría social á vivenda”

Ler novas
Novas

O BNG acusa o Goberno de Caballero de “non mover un papel” para que Vigo sexa zona tensionada da vivenda

Urxe iniciar os trámites para a declaración de zona tensionada, aprobada hai 16 meses polo Pleno a iniciativa nacionalista, despois da aprobación oficial na Coruña e os avances en Santiago de Compostela

Tacha de “tomadura de pelo” a resposta da concelleira de Urbanismo anunciando un observatorio para analizar a evolución do mercado de vivenda

Xabier P. Igrexas: “Cantas evidencias máis necesita o Goberno de Caballero para actuar xa fronte ao brutal aumento dos prezos do alugueiro?”

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal do BNG de Vigo

O BNG propón dotar Vigo dun programa municipal de cooperativismo de vivenda en alugueiro

A fronte nacionalista demanda que o Concello facilite solo e axudas públicas para poñer en marcha na cidade un modelo que xa ten experiencias de éxito noutros territorios

Con esta fórmula de carácter comunitario facilitaríase o acceso a vivenda con alugueiros a prezos xustos

Xabier P. Igrexas: “Temos a oportunidade de converter Vigo nun referente en vivenda cooperativa, promovendo un modelo de cidade máis xusto, cohesionado e comunitario”

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal BNG Vigo

Xabier P. Igrexas: «Canto máis teñen que subir os alugueiros para que Caballero tramite a declaración de Vigo zona tensionada da vivenda?»

O BNG de Vigo lamenta que o Goberno municipal siga ignorando esta medida, que permitiría frear a escalada de prezos e reducir entre 50 e 100 euros o custo mensual

O estudo encargado polo Concello confirma que a cidade pode acollerse á declaración

O portavoz municipal, Xabier P. Igrexas, esixe solucións no inmediato en lugar dos “anuncios grandilocuentes, promesas ocas e medidas impotentes” do alcalde

Ler novas
Novas
Xabier P Igrexas, portavoz municipal BNG de Vigo

O BNG propón prohibir novos pisos turísticos en Vigo para frear o aumento dos alugueiros

A fronte nacionalista urxe elaborar unha ordenanza cunha moratoria para o próximo lustro e restricións á proliferación de pisos turísticos, que multiplican por 5 a oferta de alugueiro

Xabier P. Igrexas: “Hai que meter en cintura un sector que se está cebando con enormes beneficios a costa de impedir o acceso da maioría a un dereito básico como a vivenda”

Ler novas
Novas

O BNG urxe iniciar a declaración de Vigo como zona tensionada para frear a escalada nos prezos da vivenda

Pide comezar os trámites esta mesma semana após confirmarse, no estudo encargado polo Concello, que a cidade reúne requisitos para poñer en marcha a medida

Xabier P. Igrexas: “O gravísimo problema do acceso social á vivenda esixe de decisións xa, non abonda con declaracións e anuncios ocos nin con medidas aparenciais”

Ler novas