Goberno local
Xabier P. Igrexas: “O ministro Ábalos só trouxo a Vigo fume vello, apenas promesas sen concretar”
06/out./2018
- O candidato do BNG á alcaldía de Vigo, Xabier P. Igrexas, criticou que o ministerio de Fomento continúe dilatando cuestións importantes como conversión en tramo urbano da AP-9, a fin da peaxe Rande-Redondela, a conexión de alta velocidade ou a autovía alternativa á A-55 co Porriño.
- "O compromiso con Vigo onde se ten que facer constar é no BOE, con decisións concretas, con financiamento e con execución do decidido", contrapoñen desde a fronte nacionalista.