berbés
Novas
Recheo no Berbés (foto: Voz de Galicia)

O BNG de Vigo oponse á urbanización do recheo do Berbés como aparcamento de camións e demandará a súa reversión

A fronte nacionalista demanda a aplicación de medidas de restauración ecolóxica e de eco-enxeñería para corrixir o atentado ambiental que supuxo o aterramento

Critica a inacción do Goberno municipal de Abel Caballero que non despregou ningunha acción contra o recheo e a complicidade do Goberno español por autorizalo

Xabier P. Igrexas: “O BNG vamos seguir a dar a batalla para que este innecesario aterramento do Berbés sexa o derradeiro, afirmando de maneira rotunda que o tempo dos recheos en Vigo rematou”

Ler novas
Novas
Traballos de recheo no Berbés (imaxe: @vigovindeiro)

O BNG de Vigo insta ao alcalde a abandonar os “discursos impotentes” e actuar para paralizar o novo recheo no Berbés

A fronte nacionalista demanda despregar todas as accións institucionais, administrativas e mesmo xudiciais para frear o proxecto da Autoridade Portuaria de cementar 8.300 metros cadrados máis do litoral vigués.

Xabier P. Igrexas: “É momento de que o Concello de Vigo pase das declaracións e se comprometa de verdade, con feitos, en defender a nosa ría e o noso medioambiente”.

Ler novas
Novas
Néstor Rego e Xabier P. Igrexas en rolda de prensa

O BNG esixirá no Congreso a paralización inmediata do recheo no Berbés impulsado polo PP coa complicidade do Goberno español

A fronte nacionalista presentará unha nova iniciativa da man do deputado Néstor Rego para frear esta obra que se está a realizar sen garantías preventivas nin un informe que xustifique a súa pertinencia.

Xabier P. Igrexas: “Supón cementar 8.000 metros cadrados da ría de Vigo, unha agresión ambiental inxustificábel que só responde á visión depredadora da Autoridade Portuaria”.

Ler novas
Novas
berbes

O BNG de Vigo despregará unha ofensiva institucional para frear o novo recheo do Berbés

A fronte nacionalista demandará un posicionamento firme do Concello e levará a oposición a esta nova agresión ambiental ao Parlamento galego e, de novo, ao Congreso.

Xabier P. Igrexas: “O tempo dos recheos rematou. Non podemos permitir seguir cementando nin un centímetro máis da nosa Ría, cando Vigo xa lle gañamos ao mar máis de 3 millóns de metros cadrados”.

Ler novas